Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

LORENZO, AMADOR

NACENZA

Nacenza é o resultado editorial dun proxecto documental iniciado por Amador Lorenzo no ano 2014 co obxectivo de retratar a vida e os habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda acompañando a un veterinario rural no seu quefacer diario.

O traballo de Amador Lorenzo propón un relato visual orixinal e contrario aos achegamentos nostálxicos e aos imaxinarios da renuncia tan habituais cando se retrata o mundo rural.

Nacenza é un libro onde habitan, sen xerarquía e sen apriorismos, a vida animal e a persoas, o abismo da natureza e a seguridade do refuxio, a resistencia da vida e a inexorabilidade da morte.
  • Editorial: Fabulatorio |
  • Páxinas: 120 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-124260-6-9 |