Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Peón, Mercedes | Romaní, Ana | y otros | OTERO, SELINA

SOMOS PANDEIRETEIRAS

Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra». A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto «Somos Pandeireteiras», o lugar onde a centralidade estaría ocupada por un pronome feminino plural: nosoutras. Este libro é unha consecuencia dese proxecto de pensamento e articulación social e cultural impulsado pola sororidade e promovido pola investigadora, pandeireteira e compositora Mercedes Peón. Nas súas páxinas, seis mulleres galegas contemporáneas (Ana Romaní, María Reimóndez, Andrea Nunes, Susana Sanches Arins, Mercedes Peón e Selina Otero) recollen o testemuño desde a súa propia palabra.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 112 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-609-2 |