Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Cousillas Novo, Diego

G

Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un “G” con ou sen G”H”eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro:
“G” de Greguería, de Galego e de Ghaliza.
“H” de Haiku e de Horizonte.
“Y” de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa.
“J” de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz.
“K” de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño.
“W” de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 130 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: Cousillas Novo, Diego |
  • ISBN: 978-84-8487-709-7 |