Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Seoane, Xavier

A árbore desvelada

A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable.
Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen o mundo que nos tocou vivir. Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral...
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 168 |
  • Dimensións: 145x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-19213-56-3 |