Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

RIESTRA, BLANCA

As augas interiores

A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio.
A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de afundimentos e os cadáveres. Entre a tripulación, salienta o grupo dos mergulladores, estirpe sinistra que é quen de conversar cos monstros mariños e coas sereas, irresistibles e letais.
Neste texto, que non respecta as barreiras dos xéneros pero que poderiamos cualificar como novela de aventuras e thriller psicolóxico, atopamos momentos de tensión absoluta que conseguen centrar a atención do lector e arrastralo ata as simas máis fondas do xélido océano.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 232 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-652-8 |