Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Iglesias, Anxo

Tacón, punta, tacón




















No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un
planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto
feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado
no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox...
e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao
galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas
e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor.

E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou
masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patas
arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles.

Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non
descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 112 |
  • Dimensións: 135x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-651-1 |