Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Carle, Eric

Unha eiruga moi larpeira (pop-up)

A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up. 
Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunha que outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta.
O paso do tempo, o grande e o pequeno, os días da semana, os números, os nomes dos alimentos ou o proceso natural da metamorfose son elementos presentes neste álbum maxistralmente construído e ilustrado coa técnica da colaxe. 
Este clásico imprescindible de Eric Carle, traducido a máis de sesenta idiomas e do que se venderon máis de cincuenta millóns de copias, incorpórase agora ao catálogo de Kalandraka nunha nunha nova edición en formato despregable que sen dúbida sorprenderá os lectores e lectoras máis pequenos.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 12 |
  • Dimensións: 235x170 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: HERAS, CHEMA |
  • ISBN: 978-84-1343-338-7 |