
CANDO O MUNDO E AZUL
Nuno vive coa súa nai. Encántalle pintar e ler. Enche centos de follas cos seus debuxos, e sempre usa a mesma cor, o azul. Un día aparece na casa un home grande e inchado coma os globos das festas. É o seu avó, que vai vivir con eles. Nuno non sabe moi ben para que serven os avós, pero si ten curiosidade por coñecer como funciona o obxecto máxico que trae na súa equipaxe. VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 114 |
- Dimensións: 128x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-410-0 |