
SEIS LEIRAS E UN PIANO
Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. Como apunta o poeta Antonio García Teijeiro no epílogo do libro, «Son poemas para seren lidos en voz alta. Para cantalos e acompañalos con xestos e palmas. Pero tamén para reflexionar sobre o fondo que moitos gardan e comentalos posteriormente en animadas paroladas. É boa poesía. E diso se trata».
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 64 |
- Dimensións: 135x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-699-3 |