Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Corazóns amolecidos en salitre

Corazóns amolecidos en salitre é un conxunto de relatos salferidos por escuma mariña nos que realidade e ficción se mesturan para dar lugar a unha nova dimensión máis cruel e, á vez, máis entrañable. O mar como único protagonista encárgase de arrastrar onda os pés do lector botellas de vidro transparente que conteñen papeis engoumados por latexos de amor e odio, xenreira e devoción.

Son historias enguedelladas na arañeira da paixón onde os personaxes loitan desesperadamente por dominar os sentimentos que os delatan en cada latexo, en cada pensamento. Todos ollan expectantes o océano pero el mantense alleo ás súplicas silenciosas co seu inmenso manto de vida e morte estendido cara á eternidade. Entón fican enmudecidos, co corazón vagabundo amolecido polo salitre, ese que zarrapica feridas nunca pechadas. E sobreviven, sobrevivimos, mergullados na salmoira amarga do inexplicable.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 123 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8487-010-4 |