Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

GIRALDEZ, DIEGO

Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios

Antonio Palacios viaxa en tren de Madrid a Galicia na última etapa da súa vida, acompañado pola súa parella, Adela Ramírez. O arquitecto leva varios cadernos de debuxo que lle farán rememorar lembranzas da súa vida e da súa traxectoria profesional. Son unha segunda pel enchida de tatuaxes da que o escritor, Diego Giráldez, se vale para achegarnos a figura de Palacios dun xeito distinto e inédito ata o de agora.

A través da ficción, pero tamén dun rigoroso traballo histórico e documental, e apoiándose nas ilustracións de MeliMolita, descubriremos o artista porriñés dende unha perspectiva máis emotiva e divulgativa.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 165x240 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-361-5 |