Manchea
Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría infantil) 2024
Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nesta emocionante e sorprendente aventura.
Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de estereotipos e autoafirmación, de discriminación e inclusión. As protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmas, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que non é necesario falar para atoparen a súa propia voz.

- Editorial: Baía edicións |
- Páxinas: 72 |
- Dimensións: 146x226 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9995-464-6 |