Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Viñetas en vegliota

A banda deseñada galega (BDG) é unha parte substancial do noso patrimonio artístico e literario, a cal goza cada vez con máis voces activas, un maior prestixio institucional e masa lectora. Pese a isto, as súas orixes e historia non gozan da atención académica que merecen. Neste libro adentrámonos nas orixes da mesma nos anos 70, para dar a coñecer á sociedade os autores, obras e procesos que botaron a andar a novena arte en Galicia; así como aquelas características estilísticas, narrativas e temáticas que diferencian a nosa banda deseñada da realizada noutros territorios. Descubrimos, así, un proceso marcado pola experimentación, tradición, creación colectiva e reivindicación, que revolucionou e expandiu dun xeito rompedor as marxes da nosa historia cultural.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 88 |
  • Dimensións: 195x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9995-466-0 |