Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Amantegi, Oihane

Cayo Hueso

CAYO HUESO, de OIHANE AMANTEGI

“A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo así dende que o mundo e mundo”. E sempre é motivo de celebración. Virgil, crítico musical, chega á illa un martes, atraído polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difícil precisar a natureza dun encontro semellante, sensual e fugaz coma os cigarros que arden ao ritmo da respiración dos amantes até consumírense e tornárense cinza. Todo isto cóntanolo un vello capitán digno dunha novela de Hemingway —o autor americano viviu en Cayo Hueso moitos anos da súa vida–, e escríbeo a novelista vasca Oihane Amantegi, quen nos traslada á illa máis meridional do estado de Florida para construír, cun estilo elegante e delicado, unha historia inesquecible que, coma nun soño, nos envolve nunha atmosfera chea de lagostas, papagaios, música de jazz, cervexa fría e fume de cigarros.

O gran poeta vasco Joseba Sarrionandia escribiu o prólogo desta sensacional novela da autora de Conto ao carón do río (Rodolfo e Priscila, 2022).
  • Editorial: Rodolfo e Priscila |
  • Páxinas: 92 |
  • Dimensións: 135x200 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: XUBÍN, ISAAC |
  • ISBN: 978-84-127852-8-9 |