Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Yoo, Taeeun

O peixe vermello

É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible
que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe?
Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio
dun bosque, calquera cousa pode acontecer.
A difusa fronteira entre a realidade e a ficción está presente
neste álbum de coidada edición e fermosa proposta estética,
con tonalidades ocres a base de tintas e pluma, onde
destacan as pinceladas vermellas dos elementos que centran
a atención da historia. Son ilustracións estimulantes que case
non precisan palabras. É, precisamente, no momento máis
emocionante da aventura, cando prescinde do texto e o
relato plásmase só con imaxes.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 36 |
  • Idioma: castelán |
  • Ilustración: Yoo, Taeeun |
  • ISBN: 978-84-15250-05-0 |