Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Pérez, AveLina

Incidencia muller pedra

Ela e mais el.
Ela é obrigada a recibir terapia, acusada de escándalo público.
El, terapeuta, executa a sentenza.
«Incidencia muller pedra» fálanos do poder presente nas supostas medidas de reinserción e da incapacidade de aceptación de sensibilidades diferentes.
Nun mundo cada vez máis tendente ao normativo, ela loita por manterse fóra dos canons e das perversas lóxicas sociais en contra das voces ríxidas de quen sabe e quen dita.
Porque hai xente que sabe e dita, e dío así, sen rubor. Este texto vai en contra deles e rise deles. Ou esa é unha das intencións.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 152 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-718-1 |