Alicia e a mestra de Oza
«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida. Esas non duraban moito tempo. Denunciábanas porque eran tan libres que metían medo e ninguén quería que os nenos e, sobre todo, as nenas se fixesen ilusións cun futuro mellor.»Durante os anos infames da posguerra e ditadura, as familias aprenderon a gardar segredos, tamén silencio, porque había cousas que era mellor non saber ou non lembrar ou non atreverse a dicir. Pero, chegado o momento, sempre hai alguén que propón mirar ao redor, ter curiosidade, afastar os medos. Así é como Alicia descobre que houbo mulleres que, aínda que non aparecen nos libros, loitaron contra a desigualdade desde as escolas e abriron camiño.Alicia e a mestra de Oza é o cuarto título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 40 |
- Dimensións: 215x260 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-750-1 |