Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Indómita e a semente da inmortalidade
O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome. Indómita, unha rapaza de 13 anos disposta a arriscar a súa propia vida para salvar a súa aldea, a aldea sen nome, un lugar especial, mesmo podería non existir, pois ata agora ninguén foi quen de chegar nin saír. Indómita será a primeira en abandonala e baixar os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que atacan a aldea. O seu diario, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil supón unha viaxe única á que tan só un bo libro pode trasladarnos, unha inmersión na aldea sen nome, repleta de misterios por descubrir, con personaxes tan estravagantes como divertidos.
- Editorial: Bululu |
- Páxinas: 84 |
- Dimensións: 130x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-945494-9-6 |