Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

COSTAS, LEDICIA

A TENDA DE XOGUETES

Da Barbie ao LEGO, do cubo de Rubik aos Sonny Angels. Un percorrido apaixonante polos xoguetes que marcaron xeracións. A autora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, únese á ilustradora internacional Rena Ortega para crear un libro único: divulgativo, divertido e cheo de anécdotas sorprendentes.

A xoguetería de Luz invítanos a percorrer estantes cheos de memoria, historias, risas... e tamén algunha caixa con Barbies que chegaron coas pernas ao revés. Este libro divulgativo reúne anécdotas, datos curiosos e a orixe de moitos dos xoguetes clásicos e contemporáneos máis importantes.
  • Editorial: Do cumio |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 240x290 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8289-781-3 |