Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

GARCÍA SOTO, LUIS

BARTHES FILOSOFO

Dentro da complexidade da súa obra, o propio Roland Barthes discerniu catro "fases": mitoloxía social, semioloxía, textualidade e moralidade.
Neste libro, Luís G. Soto estuda ese mesmo percorrido seguindo, en orde cronolóxica, todos os seus títulos, cuxos contidos son expostos, analizados e interpretados. Cunha achega inicial á vida do autor e ao contexto da súa obra, no ensaio saliéntase que neses catro dominios (a crítica, a ciencia, a estética, a ética) Barhes non está instalado na verdade, senón que a busca: ao modo dos filósofos clásicos, non a posúe, senón que a quere. Como aqueles, máis que ser sabio (ter o saber), é amante da sabedoría (perséguea, preténdea): filosofa, é filósofo. O obxectivo de Barthes filósofo é recoller esa variedade, dar razón dela sen a sacrificar, colocándoa baixo o prisma da filosofía. É a mesma obra de Roland Barthes a que dá para proceder así.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-608-4 |