Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Carré, Héctor

Hai que matalos a todos

Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión. Xaora, uns xornalistas tratan de dar a coñecer a verdade do sucedido, mais para conseguilo terán que arriscar moito, xa que nas catacumbas do poder algúns pensan que para impedir o escándalo e a crise política hai que matalos a todos.
Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. Unha novela de acción trepidante e de lectura engaiolante coa que Héctor Carré se incorpora ao xénero negro.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 312 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9914-835-9 |