Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

BARBADILLO, LETICIA

Timbrol e a pega (e os demais)

Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol. E unha pega, sempre unha pega, a axexar as vidas de Timbrol e dos demais. E ela, como non, tamén ten a súa propia versión da historia. En nove relatos entrelazados, cóntanse, con humor e un chisco de crueldade, as vidas de Timbrol e doutros inadaptados que só desexan atopar o seu lugar no mundo.Un libro sobre a identidade cheo de fantasía e tenrura, que pescuda se realmente as nosas historias son tan nosas como nos gusta crer.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 80 |
  • Dimensións: 135x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-802-7 |