Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

VILLAR, MAR

O misterio dos gatos rosas

Sil pensaba que todo ía ben dende que apareceu na súa vida Sultán, un can xigante cheo de maxia e de peidos con burbullas e estreliñas. Pero cando os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a esvaecerse coma se fosen pantasmas... o misterio está servido! Xunto á súa amiga Alba, o inseparable Sultán e o inesperado Coco (un cadeliño con moita enerxía e peidos tan fedorentos que fan desmaiar os paxaros), Sil lánzase a investigar. Quen está detrás do inexplicable misterio dos gatos rosas?
Unha aventura inesquecible que combina risas, amizade e un toque de ciencia ficción.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 152 |
  • Dimensións: 135x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-816-4 |