Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pedreira, Emma | BESTEIROS, MARÍA

De Esmelle a Ítaca

Co gallo do Día das Letras Galegas a Universidade da Coruña acode, unha vez máis, a esta cita anual dando ao prelo o presente volume que ten como protagonista a Be­goña Caamaño. Da man de dúas boas coñecedoras da súa obra, Emma Pedreira e María Besteiros, quen se achegue ás páxinas que seguen atopará un diálogo crítico e creati­vo coa súa produción narrativa. Unha aposta, afastada do enfoque conmemorativo convencional, que propón unha lectura activa da obra de Caamaño con que prolongar e actualizar as liñas teóricas e estéticas que a caracterizan e que a sitúan como unha figura central da literatura galega contemporánea.
  • Editorial: Demo |
  • Páxinas: 171 |
  • Dimensións: 148x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9749-927-9 |