A identidade
Un personaxe, un eu, escritor insatisfeito, desdóbrase en catro diálogos sobre cuestións fundamentais (o sexo, o éxito, a familia, a morte) e dá a coñecer un feixe de relatos arredor do misterio da identidade. Como se forma? Como se modela? En que medida depende da contorna, da Historia e das dinámicas de poder?
«A identidade» son relatos de iniciación, de guerra, psicolóxicos e policiais. Historias localizadas en tempos e lugares moi diversos. Manuel Darriba segue a achegarse a temas de calado existencial, saltando entre xéneros e mesturándoos. Unhas teimas que o sitúan nas correntes heterodoxas e vangardistas da literatura galega.

- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 112 |
- Dimensións: 155x225 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-833-1 |