Tui, 1900-1036
A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou peineta que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron parte do mesmo tecido social, económico e político en que se enxertou a vida desta cidade miñota.
Unha das pretensións explícitas de Tui, 1900-1936, da man de Carlos Méixome, Bieito Alonso e Xosé Ramón Paz, é recuperar a historia de moitos deses seres de abaixo, que apenas circulan polos vieiros do relato máis común.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 386 |
- Dimensións: 150x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-606-7 |