Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

JOSIÑO ARAÚJO

CORAZÓN INDOMABLE

Se Corazón indomable vos soa a título de canción kitsch dos oitenta é porque, en efecto, se trata dunha canción kitsch dos oitenta. A súa intérprete, Beverly Oliveira, acadou con ela un meritorio terceiro posto no Festival de Eurovisión do ano 1984 e, dende entón, vive da lembranza daquel éxito. Un xoguete roto condenado a cantar Corazón indomable unha e outra vez nos peores antros, festas populares e programas do corazón.

Malia a súa escrava existencia, Beverly, fumadora e bebedora empedernida, non perde o humor. Ten a retranca como principal ferramenta para lidar cos traumas do pasado, cun axente explotador e cunha filla déspota.

Pero a apática vida da señorita Oliveira cambia radicalmente cando unha importante figura pública, coa que a cantante mantiña unha tensa relación, aparece asasinada, e Beverly convértese na principal sospeitosa do crime. Co reloxo na súa contra, rastrexando as rúas de Santiago de Compostela, a intérprete deberá transformarse nunha detective improvisada para pescudar quen é o verdadeiro asasino e así librarse da cadea.
  • Editorial: Cuarto de inverno |
  • Páxinas: 210 |
  • Dimensións: 127x200 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 979-13-990138-8-7 |