Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Maneiras de ollar
Un clásico revolucionario, necesario nesta realidade de saturación visual que reivindica que ollar con atención é o acto político máis urxente do noso tempo. Vivimos inundados polas imaxes, pero quen nos ensinou a miralas Cada día consumimos miles de estímulos visuais: desde a publicidade que asolaga as nosas pantallas ata as obras mestras da arte que enchen os museos. Mais, que nos din en realidade Neste ensaio breve e abraiante, John Berger desposúe a historia da arte da súa linguaxe elitista e desmonta os mecanismos ocultos da nosa cultura visual. Coa clara intención de devolver a capacidade de mirar ás persoas, percorre cinco séculos de pintura europea para preguntarse e preguntarnos: quen mira , quen é mirado , quen posúe as imaxes e como actúan estas co noso desexo Da Venus de Urbino de Tiziano ás imaxes publicitarias, do museo ao escaparate, os sete capítulos de Maneiras de ollar revelan que aprender a mirar doutro xeito é o primeiro paso para vivir doutra forma. A obra chega a conectar o Renacemento co consumismo moderno para demostrarnos unha verdade incómoda: ningunha imaxe é inocente, todas agocha
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 168 |
- Dimensións: 145x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Fraga, Xesús |
- ISBN: 978-84-19213-63-1 |