Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Donaldson, Julia

A filla do Grúfalo

O grúfalo tivo unha filla de solteiro e
saíulle bastante rabuda e aventureira. Por
moito que lle dixo que non fose explorar
pola fraga porque alí vive un arrepiante
rato, ela consegue escapar unha noite en
busca de aventuras. E vaia se descobre
cousas nesa noite misteriosa! Acompaña
a filla do Grúfalo pola fraga durante a
noite e axúdaa a escapar da lenda do
rato terrorífico!
A segunda parte do Grúfalo está a altura en calidade ao Grúfalo. Se
ben se di que segundas partes non son boas, o enxeño de Julia
Donaldson consegue recaptar a nosa atención e proxectar novas
aventuras na figura da filla do Grúfalo, unha cativa indomable. De novo
un libro de repeticións, acumulativo, de rimas e xiros inesperados que
engancha a lectoras de moitos tramos de idade diferentes polos seus
moitos niveis de lectura.
  • Editorial: Patasdepeixe |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 220x280 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-939350-5-4 |