Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

RUIZ DE SAMANIEGO, ALBERTO (COMISARIO)

Dicionario Seoane

Un dos proxectos fundamentais para a Fundación Luis Seoane neste ano no que celébrase o centenario do nacemento do artista era a realizaición dunha edición que, por un lado, sintetizase a obra e o pensamento de Luis Seoane e por outro, supuxese un fito editorial dentro da traxectoria da institución, á vez que homenaxe e demostración de que o seu legado está máis presente ca nunca. Fuxindo en certo modo do catálogo ao uso, pensouse en reunir un compendio heteroxéneo de termos que estivesen relacionados con Seoane, tanto artísticos como biográficos ou intelectuais, para dar forma a un diccionario único, unha excelente oportunidade para coñecer ao artista, á persoa, e a todos aqueles que o acompañaron a través dunha viaxe que, aínda hoxe en día, continúa sendo punto ineludible de encontro para estudosos e interesados nas formas artísticas da Modernidade.

Textos: Xosé Luis Axeitos, Xosé Díaz, Antón Patiño, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane, Ramón Villares
  • Editorial: Fundación Luis Seoane |
  • Ano: 2010 |
  • Páxinas: 266 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-614-1071-2 |