Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane : procesos de creación artística e de identidade naciona
O mesmo que a exposición homónima, Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane é un inxente traballo de investigación sobre as orixes da arte galega moderna e as súas influencias. A través de 64 obras os autores fan un percorrido que vai desde a influencia do impresionismo ata a eclosión da primeira vangarda en Galicia, analizando por vez primeira as iconas da arte galega do século XX. O catálogo ven acompañado dun cd rom que reproduce fielmente documentación inédita sobre artistas e exposicións galegos desde finais do século XIX ata mediados do XX.
- Editorial: Fundación Luis Seoane |
- Ano: 2007 |
- Páxinas: 356 |
- Dimensións: 210x270 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-611-4636-9 |