Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Silverstein, Shel

A árbore xenerosa

?A árbore xenerosa? é un clásico de 1964 para lectores
de todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexións
e lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresada
que non é correspondida en igual medida; a relación
co noso planeta, constantemente agredido; a contraposición
entre as necesidades materiais e o intanxible, para acadar
a felicidade; e mesmo unha parábola da familia...
O texto é unha sucesión dinámica de accións arredor
da figura central da árbore que, ao longo do tempo,
interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorre
nesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura:
dende a nenez, cando os dous xogaban; ata a idade adulta
e a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre ?querer?
e ?necesitar? como actitudes vitais. Sen pedir nin agardar
nada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinal
de identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 190x255 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: Azaola, Miguel |
  • Ilustración: Silverstein, Shel |
  • ISBN: 978-84-8464-962-5 |