Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Red Temática de Investigación " LIJMI "

Retorno aos clásicos

Os membros da Red Temática de Investigación ?Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano? (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así consideradas, tanto da Literatura Infantil e Xuvenil universal coma das respectivas literaturas que conforman esta rede de investigación. As relacións de obras incluídas son o resultado da aplicación de criterios comúns, entre eles, a calidade literaria e a permanencia e repercusión na Historia da Literatura Infantil e Xuvenil, ademais do propósito de delimitar un posíbel canon de obras de LIX nos diferentes ámbitos que se contemplan.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 584 |
  • Dimensións: 170x245 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9914-946-2 |