Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

ARAÚXO, EMILIO

Libremente (felos sempre serra)

Máscaras non aureáticas, que se dirixen á xente, dunha constancia perturbadora e tan estrañamente próxima (Philippe Beck). Os felos, que nos lembran que o mundo non dá voltas sen a loucura. os felos lémbranme o baile nupcial dos paxaros (Helena Eriksson). Rosalía tamén é unha nena fela (lupe Gómez). A máscara do felo parécese moito á do heroe de V de Vendetta, o vencello entre as dúas máscaras sería Xusto: inversión, ambigüidade, fusión dos contrarios nunha cara (David Lespiau). As cores dos felos sonorizan a vista neste espazo do que o silencio é un aspecto (Bernard Noel). O felo é a figura do tolo. É o tolo tolo. Os pompóns. A loucura pasa polos pompóns (Martín Melkonian). O entroido aquí é: nin comercio, nin policiía, nin aplausos (Pierre Le Pillouer). A xénese matricial da máscara dos Felos de Maceda áchase no corazón da Serra de San Mamede (Santiago Prol). A máscara non instaura unha distancia, senon que crea outra proximidade (Claude Royet-Journoud). Os felos teñen o mérito de ser máis ambiguos ca outras figuras do entroido. Ademáis o felo é máis amizoso(James Sacré). Os felos, para agarrar as nosas pernas e os nosos pescozos, que esquecen tan a miúdo o berro libre do animal (Christiane Veschambre).
  • Editorial: Toxosoutos |
  • Ano: 2016 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-944314-4-9 |