Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Ruiz Johnson, Mariana

A viaxe de mamá

Tralo éxito de ?Mamá? (VI Premio Internacional Compostela
de Álbum Ilustrado), Mariana Ruiz Johnson preséntanos
neste novo álbum a experiencia dunha nai que ten
que ausentarse durante un tempo do fogar por motivos laborais.
?A viaxe de mamá? abarca todo o proceso: a preparación
da equipaxe, a despedida no aeroporto, os cambios na rutina
doméstica, a comunicación a distancia grazas aos avances
da tecnoloxía e o retorno á casa. A través dun sinxelo relato
en primeira persoa, asistimos á evolución nas emocións
do fillo pequeno, que pasa de extrañar a presenza, a voz
e mesmo o arrecendo da súa nai, a descubrir o día a día
na compaña do pai.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 220x220 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • Ilustración: Ruiz Johnson, Mariana |
  • ISBN: 978-84-8464-992-2 |