Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Hutchins, Pat

Unha festa sorpresa

?Unha festa sorpresa? é un relato acumulativo e encadeado que, partindo dun personaxe inicial, vai sumando correlativamente
outros actores ata un punto no que a orde se invirte e retorna
ao principio da historia, para acabar reunindo a todos á vez.
Dende o Coello á Ra, pasando polo Bufo, o Esquío, o Parrulo, o Rato
e o Raposo, este álbum para pre-lectores e primeiros lectores
--que recorda o xogo do ruxe-ruxe ou do teléfono avariado--
destaca polo seu sentido do humor e a espontaneidado coa que
se aborda a interrelación entre os individuos dunha comunidade.
Así, unha confidencia acaba converténdose nun secreto a voces
e dando lugar a unha serie de rocambolescos equívocos
que teñen un final feliz.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 255x203 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: SENRA GÓMEZ, SANDRA; Senra Gómez, Óscar |
  • ISBN: 978-84-8464-959-5 |