Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Aleixandre, Marilar

Desescribindo

En Desescribindo as voces das mulleres gabean desde as marxes dos pergamiños até arrogarse o papel do Verbo,empuñan o lapis contra a tinta invisibilizada,xorden da auga sen consentir en trocar voz por pernas,lembran que as cordas do violín dalgúns foron tripas arrincadas das entrañas doutras. Non é un proceso que transcorra sen conflito, deixa cicatrices que ás veces precisan ser esgazadas de novo.
  • Editorial: Apiario |
  • Ano: 2016 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-943210-6-1 |