Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Mayoral, Marina

Chamábase Luís

Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.
Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da SIDA. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 160 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9782-512-2 |