Randea do alento
Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: Prohibidoö, raro, sucio, vergoñento e fermosoö. Formar parte da listaxe dos rusos era para el unha situación aceptábel. Cinco anos vai manterse con vida no Campo, coa experiencia da fame e do frío, co terríbel cansazo, co tedio, coa dúbida de se na súa casa saberán se continúa con vida, co desexo e co medo do regreso. Leo Auberg regresa e xa non ten lugar no mundo entre persoas farturentas de lar, a lingua e as imaxes que crea seguen a mantelo na vida, sesenta anos despois, cando continúa comendo contra a morte de fame. Herta Müller, coas fermosas palabras do poeta Oskar Pastior, cos seus recordos e cos doutras testemuñas devólvenos unha parte da historia de Europa, da ferocidade do século XX, no que a inocente palabra Campo, se converte en símbolo do horror. Esta é unha obra, que neste momento sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos.ö Felicitas von Lovenberg, " Frankfurter Allgemeine Zeitung " A súa obra, cuxa forza se alimenta co terror, é ao mesmo tempo rica en beleza e unha sorte para quen le.ö Volker Weidermann, " Frankfurter Allgemeine Sonntagszeitung "
- Editorial: Xerais |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 312 |
- Dimensións: 150x225 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: do Val, Marga |
- ISBN: 978-84-9914-099-5 |