Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

De Toro, Xelís

Seis cordas e un corazón

Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano. O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A súa escrita visual e fluida, cercana ao cómic e o cine e as súas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun éxito inmediato. Seis cordas e un corazón ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo ás portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos. O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatía en discusións interminabeis entre tradición e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazón deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu ás portas a unha nova temática e a un novo público que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa época.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9782-584-9 |