Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Penas Patiño, Xosé Manuel | Pedreira López, Carlos | Niño Ricoi, Henrique | Castro Cerceda, María Luísa | Justo Fernández, Alfredo | Lorenzo Castro, P

Colección As 50 máis comúns

Aprende a recoñecer os 50 cogomelos, as 50 árbores e as 50 aves máis comúns de Europa Occidental.

Esta colección mostra as 50 especies máis comúns de aves, de árbores e de cogomelos do extremo SW europeo. Con respecto á aves mostra as 50 especies máis comúns de aves, da chamada rexión eurosiberiana, desde o meridiano 15 até o finis terrae, con información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan...

Co libro dos cogomelos aprenderás a recoñecer os máis comúns, os seus usos, como ir ao monte a apañalos e outros aspectos de interese sobre a súa conservación. Nas fichas de descrición achégase a información necesaria para identificalos, incorparando imaxes das especies semellantes coas que se poderían confundir.

Co libro das árbores, os textos e ilustracións detallados das súas follas, flores e froitos, da códia e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas. Tamén achega interesante información sobre os seus usos e os beneficios que nos proporcionan aos seres humanos e aos animais en xeral.

Pack que inclúe as seguintes publicacións:

Aves. 978-84-92630-75-2
Árbores. 978-84-92630-76-9
Cogomelos. 978-84-92630-81-3
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 134 |
  • Dimensións: 105x150 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9995-158-4 |