Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Campos Sánchez, Jorge

Alter-nativo

Unha illa misteriosa na que ocorren cousas extraordinarias. A que parece imposible darlle a volta a este argumento e construír con el unha historia orixinal? Pois Jorge Campos conségueo con esta banda deseñada diferente desde todos os puntos de vista.

Un cómic sen palabras con moitos niveis de lectura. Universos paralelos, un personaxe que vai decidindo que facer e como naqueles libros de «Escolle a túa propia aventura» nos permite saber que lle pasou tras calquera das súas decisións. Un labirinto narrativo que se estende como as páxinas deste libro en forma de acordeón sobre a mitoloxía popular sobre illas misteriosas. O ilustrador galego é quen de cinxir unha morea de referencias, desde Verne a Stevenson, de Defoe a Homero, de Pinocho e Moby Dick a Lost e O Señor das moscas.
  • Editorial: Aira editorial |
  • Ano: 2017 |
  • Páxinas: 50 |
  • Dimensións: 240x170 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-947807-1-4 |