O Nadal de Ernesto e Celestina
Para celebrar o Nadal abonda con ter tanto entusiasmo
e imaxinación como Celestina; non como o seu amigo Ernesto
-máis preocupado polo frío do inverno- que non está por cumprir a súa promesa de organizar unha festa co pretexto de que habería que gastar uns cartos que non teñen. Pero malia as momentáneas decepcións, Celestina sempre sae coa súa; Ernesto é tan xeneroso
e boíño, que ?deixando a un lado o seu carácter racional- accede
a axudala para que non se desguste.
Porque na axuda mutua está a clave desta historia entrañable
e tenra: xuntos van buscar ao bosque canto precisan para adornar o seu humilde fogar, xuntos confeccionan debuxos, un cociña mentres a outra envolve os sinxellos agasallos que prepararon.
E inesperadamente, descubriremos a un pícaro Ernesto tomando
a iniciativa para sorprender os asistentes e a propia Celestina, convirténdose na alma dunha festa de Nadal inesquecible.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Ano: 2018 |
- Páxinas: 40 |
- Dimensións: 240x220 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: ANDRÉS, TAMARA |
- ISBN: 978-84-8464-418-7 |