Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Zúñiga, Iolanda

Natura

Dúas mulleres, nai e filla, emprenden unha fuxida deixando atrás unha terra devastada, unha civilización destruída, un mundo sen auga e sen futuro. Camiñan na procura da salvación, dese lugar chamado Natura onde se constrúe unha civilización forte, xeneticamente invencible, capaz de desafiar a canta catástrofe teña lugar.
Só unha conseguirá entrar en Natura, nesa obra de enxeñería deseñada para a salvación, e pasará a formar parte das Elixidas. Pero cal é o custo? Alí non hai espazo para a intimidade, nin para os recordos, nin para os sentimentos. Escravas da rutina e das instrucións que veñen de arriba, só as poden acatar. Nese cotián narcotizado penden a fe, a esperanza, a ilusión? Son corpos en branco fronte a ordes de homes de gris. Que acontece se esperta o desexo? Ou a consciencia? Ou se algunha delas infrinxe as normas?
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 216 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-262-2 |