N-550 Da estrada á rúa. Km .72
que é a nacional 550?
A Nacional 550 é a estrada que vai dende A Coruña ata Tui. En realidade, é un leitmotiv para
analizar esa cidade que se espalla por gran parte da nosa xeografía, esa urbe que algúns
teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global.
No caso de Galicia, este fenómeno concéntrase na franxa atlántica, ó redor de grandes
infraestruturas, como a Autoestrada AP-9, o eixo ferroviario Norte-Sur, ou tamén, aquela máis
doméstica como a Nacional 550, que se comporta como fío argumental deste traballo.
O noso propósito consiste en retratar como se constrúe o mundo suburbano galego, cales
son as súas singularidades, cales son as súas semellanzas no marco dun escenario global,
etc. Un discurso tecido con múltiples preguntas, algunhas con respostas, outras sen
resolver... Todo coa idea de ir descubrindo unha cidade pouco explorada ata o de agora.
como analizamos a nacional 550?
O noso proxecto consiste nunha viaxe permanente e participativa pola Nacional 550 e as súas
inmediacións. Pretendemos facer unha análise de abaixo a arriba, é dicir, fixarnos nas
diferentes entidades formais que compoñen o noso territorio, ata ter unha visión global da
cuestión. As unidades formais que detectamos ata o momento son as seguintes: vivendas
illadas (ó pé da estrada), urbanizacións, núcleos rurais, polígonos e cidades medias.
Cada unha destas categorías será motivo dun estudo pormenorizado, dando lugar, de cada
vez, a unha publicación. Despois de ter editado un libro introdutorio, denominado km 0 e un
primeiro volume focalizado nas vivendas illadas, agora, presentamos o seguinte número da
colección referido ás urbanizacións.
quen analiza a nacional 550?
A publicación componse por reflexións do equipo N-550, formado pola deseñadora Noemí
Díaz Patiño e os arquitectos Xulio Turnes Vieito e Ramón Viéitez Rodríguez, pero tamén cun
amplo abano de colaboradores. Nesta ocasión, acompáñanos nesta viaxe tanto académicos
coma profesionais da arquitectura, algúns deles vinculados ó activismo social.

- Editorial: Ramón Vieitez Rodriguez |
- Idioma: castelán |