Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Kehlmann, Daniel

A medición do mundo

Daniel Kehlmann describe cun sutil toque de humor a vida de dous xenios, as súas ansias e debilidades, os seus paseos pola raia fina que separa a ridiculez da grandeza, o éxito do fracaso. A medición do mundo é un requintado xogo de feitos e ficcións, unha novela de aventuras de extraordinaria fantasía, forza e interese. A historia de dúas aventuras vitais que acabarían por determinar a nosa maneira de entender o mundo. Contra a fin do século XVIII, dous científicos alemáns emprenden a tarefa de medir o mundo. Un deles, o xeógrafo Alexander von Humboldt, logo de partir en barco desde a cidade da Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. O outro, o matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse da súa casa de Göttingen, que o espazo é curvo. De vellos, xa famosos e tamén unha miguiña excéntricos, encóntranse os dous no Berlín de 1828. Pero aínda non ben descendeu Gauss do seu coche de cabalos e xa se ven ambos e dous enredados no tumulto político que segue á caída de Napoleón. A medición do mundo acadou xa en Alemaña os 769.000 exemplares vendidos e vaise traducir a 35 linguas.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 324 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8288-952-8 |