As flores do mal
Con As flores do mal (1857), Charles Baudelaire situaba a poesía na encrucillada da literatura moderna. Nada do escrito despois se había de ler do mesmo xeito, xa non se podería escribir coma antes. Por primeira vez, a poesía descobre a ruidosa corrente da multitude, asexa a beleza en territorios onde nunca se concibira a súa existencia, conquista a cidade e acariña o escuro mundo da finitude e do perverso. Un alento descoñecido ata daquela percorre os versos dun libro considerado un dos fitos da literatura de todos os tempos. Esta tradución de Gonzalo Navaza recibiu o premio á mellor do 2008 da AELG.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 588 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Gonzalo Navaza Blanco |
- ISBN: 978-84-9865-125-6 |