Crime e castigo
A través do protagonista desta novela, Raskólnikov, o lector ten acceso a unha personalidade obsesiva, atormentada polo remordemento provocado polo asasinato dunha vella prestamista. Terrible e fascinante pregunta sobre o ben e o mal, sobre os límites da liberdade do individuo, esta intensa e absorvente novela ten como escenario un San Petersburgo deformado pola visión do autor: rúas sombrizas, pensións desoladas e figuras fantasmagóricas que nos mergullan nun universo que se pode aproximar, na imaxinación do lector de hoxe, á pintura ou ao cinema expresionista.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 644 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-648-0 |