Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Dacosta, Henrique

Illas a sotavento

Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura. Mais... os perigos espreitan.
Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática que a ninguén deixará indiferente.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 160x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-571-4 |