Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

MÁRAY, MARIANN

O can de Milu

A Milu gustábanlle os cans. Desexaba ter un, fose como fose:
grande ou pequeno, salvaxe ou dócil, silencioso ou ladrador...
Un día, mentres regresaba á súa casa, Milu atopouse
á beira do camiño cunha bóla grande e peluda
O amor polos animais, a amizade incondicional ante
as adversidades e, sobre todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte no seu gran compañeiro de xogos e de diversión.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 245x215 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • ISBN: 978-84-8464-200-8 |